01 Oct
01Oct



Xogadoras do Illas Cíes TM na pista do Visit PontevedraO equipo olívico de División de Honra Feminina Illas Cíes TN caeu derrotado por 5-1 na súa visita á pista do Visit Pontevedra. Non é un bo comezo para o equipo vigués que conta este ano nas súas filas coa xogadora rusa Viktoriia Lebedeva, campiona a tempada pasada da competición europea ETTU CUP WOMEN, da Liga de Superdivisión feminina e da Copa española co equipo do UCAM de Cartaxena. Xogaron nesta xornada, ademais de Lebedeva, as xogadoras locais Natalia Fernández e Luisa Pintos. O equipo de Pontevedra alineou á  xogadora rusa Daria Kuskova, a Mar Rivas e Noa Bernárdez. Tras unha primeira victoria de Lebedeva ante Mar Rivas, as pontevedresas lograron facerse coas rendas do partido acadando cinco victorias ante as xogadoras do Illas Cíes TM.

Pesou nas xogadoras do Illas Cíes a falta de rodaxe e de competición neste principio de tempada, así como os nervios que foron medrando a medida que o encontro se poñía de parte das locais. Os ánimos do público asistente tamén conseguiron exercer máis presión ás xogodoras viguesas que, a pesar de amosar un bo nivel de xogo, non lograrían poñer o resultado da súa parte.

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO